Programa integrado de emprego AFAOR 2021/2022
25N “Que o único que te faga chorar sexa a historia dun bo libro”
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981, en conmemoración á data na que foron asasinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), na República Dominicana. Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero Enlace externo no seu artigo 1.1., define a violencia de xénero como aquela que, “como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre estas por parte de quen sexa ou fosen os seus cónxuxes ou de quen estea ou estivesen ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia”, e “comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade.”
XUNTOS POLO NADAL
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Para máis información poden consultar a páxina web da Consellería de Política Socialhttp://politicasocial.xunta.gal/…/portada-de-maiores
Infórmate e presenta a túa solicitude ata o 15 de novembro, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos servizos sociais de atención primaria de saúde, nos centros sociocomunitarios dependentes da Consellería de Política Social e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.