Mañá mércores día 4 de xaneiro ás 12h no local social de Veiga acolleremos o espectáculo «El Mensaje», unha obra de teatro de sombras que nace do traballo realizado no obradoiro creativo de teatro de sombras que A Casa Vella de Amiadoso levou a cabo en colaboración co noso concello nos meses de novembro e decembro do pasado 2022. Valérie Lenders é a artista responsable desta iniciativa e acompañará aos nenos e nenas neste espectáculo, xa que serán eles/as os/as responsables de executar esta obra que busca contar unha historia, con certo paralelismo á dos Reis Magos coa estrela de Oriente, tratando de concienciar sobre a cooperación, a solidariedade, e o respecto á natureza, entre outros importantes valores.
A entrada é libre para quen desexe asistir, e ao remate poñeremos un pequeno picoteo de roscón de Reis e bica para as crianzas e persoas asistentes.
Levaranse a cabo dous días de actividades temáticas adicadas a nenos e nenas neste Nadal 2021 no noso concello: o día 23 de decembro de 10 a 12h. haberá un obradoiro de temática de Nadal musical e tamén o día 4 de xaneiro de 10h. a 13h. haberá outro obradoiro desta volta con temática de Reis.
Para poder participar nun ou nos dous obradoiros haberá que anotarse previamente ata o día anterior de realización de cada obradoiro chamando ao concello (988451293), ao móbil 604037952 ou escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
O vindeiro martes día 29 de decembro de 10:30h a 12:30h as crianzas do concello poderán disfrutar na aula CeMIT municipal dunha xornada utilizando as TIC´s para divertirse e de paso escribirlle unha carta a través de Internet ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente. Todo elo con temática de Nadal, para seguir disfrutando destas datas tan especiais para todas elas.
A QUE NON SABEDES QUEN DECIDIU VIR PASAR A PONTE AO CONCELLO DE A BOLA? O mesmiño Papá Noel, que escoitou marabillas do noso municipio, decidiu que este sería o lugar onde pasar estes días de ponte e tomarse un chocolatiño quente mentres espera a que o vaian visitar todos os veciños e veciñas, incluso para sacarse fotiños con el.
Tedes xa a carta para enviarlle? Pois aproveitade e deixádella alí para que xa a leve consigo ao Polo Norte, e prepare todo para cando volva na noite do 24 a todas as nosas casas. Así que xa sabedes!! Tedes unha cita pendente dende hoxe: VISITAR AO PAPÁ NOEL DA BOLA! Está en Veiga, xusto na entrada do concello onda o cruce para Allariz, a uns metros do edificio do concello. E logo da visita podedes ir tomarlle algo quentiño alí ao lado, na Forxa do Antón. Plan completo!
IMPORTANTE!! Se te sacas unha foto con este Papá Noel, lembra etiquetarnos!!