CURSO DE MANEXO DE WHATSAPP NA AULA CEMIT

CURSO DE MANEXO DE WHATSAPP NA AULA CEMIT

Os vindeiros días 17 e 31 de xullo en horario de 11 a 12:30h a aula CeMIT municipal acollerá un curso onde se explicará o manexo da aplicación de mensaxería de Whatsapp ás persoas que desexen asistir, sen límite de idade. Para ter máis información e inscribirse no curso, podedes chamar ao 988680456 ou ben escribir un correo a: cemit.abola@xunta.gal

XORNADAS FORMATIVAS FORESTAIS NO MES DE XUÑO

No mes de xuño levaranse a cabo tres xornadas formativas no concello de A Bola relacionadas con traballos forestais:

  • PLANIFICACIÓN PARA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS
  • MANEXO DO SOUTO
  • PRAGAS E DOENZAS DOS CASTIÑEIROS

Estarán impartidas polo «Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense)» en colaboración coa Consellería de Medio Rural e AGACAL. Poderán anotarse todas aquelas en idade laboral que estean interesadas cubrindo un formulario que está dispoñible para descargar na sede electrónica do concello e enviándoo cuberto ao correo: concello@concelloabola.gal, ou tamén cubríndoo e entregándoo en persoa nas dependencias do concello (horario de 9 a 15h. de luns a venres). Para ter máis información, podedes chamar ao 988451293 (extensión 5). As datas límite de inscrición serán do 31 de maio para a xornada do día 2 de xuño, e o día 25 de maio para as outras dúas.

FORMACIÓN SOBRE O USO DO CAIXEIRO AUTOMÁTICO

FORMACIÓN SOBRE O USO DO CAIXEIRO AUTOMÁTICO

A aula Cemit municipal acollerá os días 25 de maio e 1 de xuño unhas xornadas formativas sobre o uso do caixeiro automático, especialmente dirixida ás persoas maiores e contribuir a evitar os problemas que se atopan coa situación bancaria actual de redución de horas de atención presencial e fomento do uso de máquinas para o manexo de diñeiro.Máis información e inscricións: 988451293 – 604037952 ou biblioteca@concelloabola.gal

ESCOLA DE FAMILIAS: «Conversando sobre o uso axeitado dos medicamentos»

ESCOLA DE FAMILIAS: «Conversando sobre o uso axeitado dos medicamentos»

O vindeiro luns 7 de xuño editarase a última sesión da nosa 4ª edición da Escola de Familias; desta volta falaremos con Montse Dafonte, farmacéutica no concello de A Bola (concretamente no lugar de Podentes) sobre o uso que soemos facer a cidadanía cos medicamentos. Haberá temas tan interesantes como saber que pode suceder cando decido por vontade propia parar de tomar unha medicación que me receitou a/o médica/o, ou se me tomo aquelas pastillas que me dixo unha amizade que eran boas para ese problema que eu teño, sobre prospectos e xestión de medicamentos caducados, se é bo ou non tomar paracetamol antes da vacina contra a Covid-19, ou como elaborar un botiquín caseiro que sexa ben completo… Queredes saber sobre todo isto e máis cousiñas de interese? Non dubidedes en inscribirvos a esta sesión ANTES DESTE VENRES DÍA 4 DE XUÑO, enviando un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal, chamando ao 988451293 (extensión 4) ou ao 604037952 (aquí tamén atendemos mensaxes de Whatsapp e Telegram).