Este venres no Local Social de Veiga, ás 16:30h. celebraremos unha festiña de Entroido dirixida a familias e crianzas na que realizaremos un obradoiro, faremos xogos, haberá música e tamén unha pequena merendiña de picoteo. Será gratuita para persoas empadroadas e terá un custe de 2 euros por persoa para aquelas non empadroadas. Para asistir é preciso inscribirse previamente chamando ao 988451293 ou escribindo un correo a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.
O vindeiro xoves día 30 de xuño, a partires das 18:30h. o noso concello acollerá unha festiña de comezo do verán: «PEQUE DISCO MOC MOC» virá dinamizar aos cativos e non tan cativos animándoos a bailar divertidas coreografías con música moi animada, e tamén disfrutar cun espectáculo de malabares sorprendente. Pode asistir todas aquelas persoas que o desexen xa que a entrada é libre!
Todo elo está organizado dentro do proxecto «A Biblioteca de Verán da Bola» que levará a biblioteca á Área Recreativa do río Orille ao longo deste verán 2022. Esta iniciativa está cofinanciada a través do programa «Ler Conta Moito» da Xunta de Galicia e a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, da que forma parte a Biblioteca Pública Municipal de A Bola.