Este xoves día 1 de decembro ás 17h no local social de Veiga acolleremos por fin o espectáculo «Xogar e Aprender en Galego Mola!» que está dirixido a público infantil e familiar. A entrada é libre, non deixedes de asistir!
É un espectáculo incluído no Programa FalaRedes da Xunta de Galicia (Rede de Dinamización Lingüïstica)
O vindeiro xoves día 30 de xuño, a partires das 18:30h. o noso concello acollerá unha festiña de comezo do verán: «PEQUE DISCO MOC MOC» virá dinamizar aos cativos e non tan cativos animándoos a bailar divertidas coreografías con música moi animada, e tamén disfrutar cun espectáculo de malabares sorprendente. Pode asistir todas aquelas persoas que o desexen xa que a entrada é libre!
Todo elo está organizado dentro do proxecto «A Biblioteca de Verán da Bola» que levará a biblioteca á Área Recreativa do río Orille ao longo deste verán 2022. Esta iniciativa está cofinanciada a través do programa «Ler Conta Moito» da Xunta de Galicia e a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, da que forma parte a Biblioteca Pública Municipal de A Bola.
Un ano máis o concello de A Bola pon en marcha as actividades dirixidas á infancia dentro do seu «Espazo Medrando Xunt@s» en época estival promovendo a conciliación das familias do municipio e dinamizando o lecer e tempo libre das súas crianzas.
Estas actividades darán comezo o vindeiro 28 de xuño e rematarán o 3 de setembro. Serán de luns a venres en horario de 9:45h a 13:15h. con prazas limitadas e coma sempre cumprindo cos protocolos vixentes contra a Covid-19 en canto a hixiene e seguridade.
Para solicitar a instancia de inscrición ou pedir máis información pódese contactar por correo electrónico: educacionfamiliar@concelloabola.gal, ou por teléfono no 988451293 (extensión 4) ou no 604037952 (aquí tamén atendemos mensaxes de whatsapp e telegram). AS PRAZAS SON LIMITADAS! O prazo de inscrición será ata o mércores 23 de xuño ás 14h.
O vindeiro día 10 de maio transmitiremos a seguinte sesión en liña da nosa Escola de Familias, que será «Resolución de conflitos en positivo», tratando de desmitificar o que para moitxs de nós é un conflito e vendo a súa parte positiva, a oportunidade que trae consigo se se resolve a través de ferramentas axeitadas. Desta volta será Sanua G. Saberi, psicóloga da Asociación Xarela de Ourense.
Para poder visualizar esta sesión, é preciso inscribirse previamente e ata o venres 7 de maio, ben chamando por teléfono ao 988451293 ou 604037952 (aquí tamén por mensaxe de Whatsapp ou Telegram), ou ben escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal