Este venres no Local Social de Veiga, ás 16:30h. celebraremos unha festiña de Entroido dirixida a familias e crianzas na que realizaremos un obradoiro, faremos xogos, haberá música e tamén unha pequena merendiña de picoteo. Será gratuita para persoas empadroadas e terá un custe de 2 euros por persoa para aquelas non empadroadas. Para asistir é preciso inscribirse previamente chamando ao 988451293 ou escribindo un correo a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.
O vindeiro sábado día 8 de outubro ás 11:30h o Local Social de Veiga (baixo concello) acollerá a actuación de «Petiscos da Lingua», un espectáculo infantil que ten como finalidade dar a coñecer e fomentar a práctica de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia no ámbito familiar e da veciñanza para contribuír á transmisión interxeracional da lingua. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma de ditos tradicionais como os recollidos na serie de vídeos realizada pola compañía Migallas Teatro dentro do Programa de Dinamización Lingüística «FalaRedes». A entrada é libre!
Levaranse a cabo dous días de actividades temáticas adicadas a nenos e nenas neste Nadal 2021 no noso concello: o día 23 de decembro de 10 a 12h. haberá un obradoiro de temática de Nadal musical e tamén o día 4 de xaneiro de 10h. a 13h. haberá outro obradoiro desta volta con temática de Reis.
Para poder participar nun ou nos dous obradoiros haberá que anotarse previamente ata o día anterior de realización de cada obradoiro chamando ao concello (988451293), ao móbil 604037952 ou escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal