Pola conmemoración do 25 de novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende o concello temos preparada unha programación de actividades que se celebrarán dende o día 21 ata o 28 de novembro. Así, o día 21 os/as máis xóvenes terán oportunidade de facer actividades temáticas, o día 24 reuniremos un grupo de participación de mulleres a través dunha nova xornada do noso «Espazo Mulleres», e o día 28 terá lugar unha formación gratuita para pais, nais, titores/as e educadores/as en xeral sobre educación sexual como factor preventivo da violencia de xénero e sexual (as persoas que precisen servizo de canguraxe para asistir a esta formación, teñen esa posibilidade comunicándoo previamente).
As persoas que estén interesadas en participar dalgunha destas actividades debe poñerse en contacto co concello por teléfono ou correo electrónico (os indicados no cartaz oficial a continuación).
Este venres no Local Social de Veiga, ás 16:30h. celebraremos unha festiña de Entroido dirixida a familias e crianzas na que realizaremos un obradoiro, faremos xogos, haberá música e tamén unha pequena merendiña de picoteo. Será gratuita para persoas empadroadas e terá un custe de 2 euros por persoa para aquelas non empadroadas. Para asistir é preciso inscribirse previamente chamando ao 988451293 ou escribindo un correo a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.
O vindeiro sábado día 8 de outubro ás 11:30h o Local Social de Veiga (baixo concello) acollerá a actuación de «Petiscos da Lingua», un espectáculo infantil que ten como finalidade dar a coñecer e fomentar a práctica de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia no ámbito familiar e da veciñanza para contribuír á transmisión interxeracional da lingua. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma de ditos tradicionais como os recollidos na serie de vídeos realizada pola compañía Migallas Teatro dentro do Programa de Dinamización Lingüística «FalaRedes». A entrada é libre!
Levaranse a cabo dous días de actividades temáticas adicadas a nenos e nenas neste Nadal 2021 no noso concello: o día 23 de decembro de 10 a 12h. haberá un obradoiro de temática de Nadal musical e tamén o día 4 de xaneiro de 10h. a 13h. haberá outro obradoiro desta volta con temática de Reis.
Para poder participar nun ou nos dous obradoiros haberá que anotarse previamente ata o día anterior de realización de cada obradoiro chamando ao concello (988451293), ao móbil 604037952 ou escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal