Este venres día 15 de decembro ás 11h da mañá teremos unha nova reunión no Espazo Mulleres, desta volta para aprender da man dunha das nosas compañeiras a realizar adornos propios desta época de Nadal que está próxima a chegar. O obradoiro é de libre participación para mulleres do concello, e totalmente gratuito, por suposto! Pasaremos de novo un ratiño xuntas, e que non falte o cafeciño, as infusións e algún rico pasteliño caseiro.
Este ano o concello da Bola lanza as Xornadas Violetas con motivo da conmemoriación do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, abarcando unha actividade dirixida a mulleres adultas o mércores 23 ás 16h. e para crianzas o venres 25 ás 16:30h. O venres, propio día conmemorativo, farase campaña dende o concello para concienciar e sensibilizar sobre a temática acompañando coa entrega de material editado para a ocasión.
Para participar nas actividades ou ter máis información podese contactar por teléfono (988451293 ou 604037952) ou correo electrónico (educacionfamiliar@concelloabola.gal).