![ESCOLA DE FAMILIAS EDICIÓN EN LIÑA!](https://concelloabola.gal/wp-content/uploads/2020/05/97966217_894035737728769_160968480831569920_o-1080x675.png)
ESCOLA DE FAMILIAS EDICIÓN EN LIÑA!
É unha nova iniciativa dende o Programa de Educación e Apoio Familiar para continuar o proxecto que a comezos deste ano iniciou a súa terceira edición e que se viu truncado polo estado de alarma pola crise do COVID-19; non queriamos que quedasen sen ofrecer todos os contidos que tiñamos preparados para ofrecervos, e tamén seguir aprendendo xunt@s!
COMO VAN SER ESTAS SESIÓNS?
Moi sinxelo! As sesións serán impartidas por profesionais do sector, coma sempre! Serán gravadas e emitirase por primeira vez cada sesión nas datas indicadas e as persoas que vos anotedes teredes acceso dende esa data e durante unha semana completa para poder ver esa gravación nos momentos que teñades, e as veces que precisedes.
DENDE QUE DISPOSITIVOS PODO VER AS SESIÓNS?
Dende calquera! O teu móbil, unha tablet, un ordenador… Calquera dispositivo que esté conectado a Interntet.
HAI QUE INSCRIBIRSE?
Si, claro, coma sempre! Chamando aos números de teléfono 988451293 e 604037952, ou enviando un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal. Tamén podedes poñervos en contacto con nós a través destes medios para ter máis información ao respecto.
Animádevos! Non hai límite de inscricións!!
![](https://concelloabola.gal/wp-content/uploads/2020/05/97966217_894035737728769_160968480831569920_o-724x1024.png)