SESIÓN DE ORIENTACIÓN LABORAL E INSERCIÓN EN BOLSA DE EMPREGO

SESIÓN DE ORIENTACIÓN LABORAL E INSERCIÓN EN BOLSA DE EMPREGO

O vindeiro mércores día 29 de xuño en horario de 10:30h a 12:00h, o local social de Veiga (baixo concello) acollerá unha xornada de orientación laboral a todas as persoas interesadas en asistir que estén desempregadas ou en mellora de emprego e que teñan algún tipo de discapacidade ou que se atopen en situación de incapacidade laboral. Nesta sesión, un técnico da Fundación ONCE ofrecerá a todas as persoas asistentes tamén a posibilidade de incluírse nunha bolsa de emprego que dita fundación posúe e á que moitas empresas de diferentes sectores acoden para buscar posibles traballadores/as, polo que pode ser unha boa oportunidade para todas aquelas persoas que cumplan o citado perfil e estén en busca de emprego.

Para ter máis información pódese chamar ao concello en horario de oficina (988451293), ao móbil do concello (604037952, tamén whatsapp e telegram) ou ben enviar un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.

Bases para a selección de auxiliares de axuda no fogar

Bases para a selección de auxiliares de axuda no fogar

Xa están publicadas as bases para a selección e posterior contratación de oito auxiliares de axuda no fogar en modalidade de persoal laboral temporal dende o 01/01/2021 ata o 31/12/2021. O prazo de presentación das solicitudes deberá facerse dende hoxe ata o vindeiro xoves 26 de novembro, entregando toda a documentación no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres. As bases poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios do concello de A Bola en horario de oficina (de 9h. a 15h.) ou na nosa sede electrónica (á que podedes acceder a través desta páxina web, no botón laranxa ubicado na parte superior dereita).

Podedes consultar tamén AQUÍ a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.