Escola de Familias En Liña: “RESOLUCIÓN DE CONFLITOS EN POSITIVO”

Escola de Familias En Liña: “RESOLUCIÓN DE CONFLITOS EN POSITIVO”

O vindeiro día 10 de maio transmitiremos a seguinte sesión en liña da nosa Escola de Familias, que será “Resolución de conflitos en positivo”, tratando de desmitificar o que para moitxs de nós é un conflito e vendo a súa parte positiva, a oportunidade que trae consigo se se resolve a través de ferramentas axeitadas. Desta volta será Sanua G. Saberi, psicóloga da Asociación Xarela de Ourense.

Para poder visualizar esta sesión, é preciso inscribirse previamente e ata o venres 7 de maio, ben chamando por teléfono ao 988451293 ou 604037952 (aquí tamén por mensaxe de Whatsapp ou Telegram), ou ben escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal