Actividades polo Día Das Letras Galegas

Actividades polo Día Das Letras Galegas

O vindeiro martes día 16 ás 16:30h. levaremos a cabo no local social de Veiga (baixo concello) unha serie de actividades de dinamización lingüística para conmemorar o Día das Letras Galegas coas crianzas de 3 a 12 anos que se animen a participar. Trátase dunha actividade gratuita con límite de prazas e con inscrición previa que se debe facer por teléfono (988451293 ou 604037952) ou por correo electrónico (educacionfamiliar@concelloabola.gal).

«Mulleres Galegas nas Letras»: Xela Arias

«Mulleres Galegas nas Letras»: Xela Arias

E por fin chegamos á homenaxeada deste ano 2021: Xela Arias Castaño. Con este vídeo, rematamos este Proxecto Mulleres Galegas nas Letras que dende o concello impulsamos neste ano, tratando de dar visibilidade ás autoras galegas nas nosas letras e promocionando o coñecemento das figuras femininas destacadas en ámbitos da cultura onde durante moitos anos quedaron (e quedan) invisibilizadas, desta volta, no sector literario.

VÍDEO XELA ARIAS

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller, un día moi especial para todas nós, para lembrar que cada día debemos avanzar cara unha realidade máis igualitaria, pola eliminación de todo aquelo que promova a desigualdade e o posicionamento das mulleres en desvantaxe con respecto aos homes (a nivel laboral, familiar, profesional, doméstico, económico, político…). É preciso facer posible unha igualdade de oportunidades real, e isto non é competencia só das propias mulleres, senon que é imprescindible a implicación de toda a sociedade no seu conxunto.

Un dos aspectos importantes para acadar esa igualdade é facer visible o papel da muller en ámbitos nos que non soe verse recoñecida, a pesares das súas importantes e numerosas aportacións ao longo da historia.

Neste senso, dende o concello de A Bola queremos contribuir a esta visibilización, e aproveitando esta importante data e co gallo da adicación do Día das Letras Galegas 2021 a unha muller, Xela Arias, daremos comezo ao proxecto «Mulleres galegas nas letras» para recoñecer e reivindicar o papel da muller no eido da creación literaria galega. Así, cada semana dende o 8 de marzo ata o 17 de maio, daremos a coñecer unha autora galega tanto histórica coma contemporánea, descubrindo así o talento e potencial da nosa literatura escrita por mulleres.

Feliz Día, a todas!