ACTIVIDADES DE LECER E EDUCATIVAS PARA AS CRIANZAS ESTA SEMANA SANTA NO CONCELLO DE A BOLA
O concello de A Bola, seguindo a liña de promover iniciativas e espazos para fomentar a conciliación laboral, familiar e pesoal das veciñas e veciños do municipio, abre novamente o Espazo «Medrando Xunt@s» para levar a cabo actividades de lecer e tempo libre socioeducativas dirixidas a crianzas de entre 3 e 12 anos de idade os días 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril en horario de 9:45h. a 13:15h. coincidindo coas vacacións lectivas.
Para poder asistir, é preciso realizar unha inscrición previa para a cal pódese chamar ao 988451293 (extensión 4) ou ben escribindo un correo electrónico á dirección: biblioteca@concelloabola.gal, onde tamén se dará toda a información que se precise ao respecto destas actividades.
O día que rematará o prazo de inscrición será o xoves 25 de marzo ás 14h. e haberá prazas limitadas respectando o aforo e ratio máximo para dita actividade, e seguindo no seu desenrolo o correspondente protocolo de seguridade e hixiene ante a Covid-19.