Escola de Familias En Liña: «RESOLUCIÓN DE CONFLITOS EN POSITIVO»

Escola de Familias En Liña: «RESOLUCIÓN DE CONFLITOS EN POSITIVO»

O vindeiro día 10 de maio transmitiremos a seguinte sesión en liña da nosa Escola de Familias, que será «Resolución de conflitos en positivo», tratando de desmitificar o que para moitxs de nós é un conflito e vendo a súa parte positiva, a oportunidade que trae consigo se se resolve a través de ferramentas axeitadas. Desta volta será Sanua G. Saberi, psicóloga da Asociación Xarela de Ourense.

Para poder visualizar esta sesión, é preciso inscribirse previamente e ata o venres 7 de maio, ben chamando por teléfono ao 988451293 ou 604037952 (aquí tamén por mensaxe de Whatsapp ou Telegram), ou ben escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal

«Mulleres Galegas nas Letras»: FILOMENA DATO MURUAIS

«Mulleres Galegas nas Letras»: FILOMENA DATO MURUAIS

Con este primeiro vídeo damos comezo a este proxecto de visibilización e reivindicación da figura da muller no eido da creación literaria galega con Filomena Dato Muruais, unha ourensana do SXIX da que non nos podemos esquecer chegado o 8M xa que foi unha escritora comprometida co movemento feminista e en contra dos estereotipos machistas non só nas súas letras senon na súa intensa actividade social e cultural, nuns tempos complexos para este tipo de reivindicacións.

Para ver o vídeo, preme AQUÍ.

Formación gratuita sobre marketing dixital para mulleres emprendedoras ou con ideas de emprendemento

Formación gratuita sobre marketing dixital para mulleres emprendedoras ou con ideas de emprendemento

A Deputación de Ourense, xunto coa fundación Cibervoluntarios.org, levarán a cabo o proxecto “Extraordinarias”, que consistirá en ofrecer formación gratuita en marketing dixital a mulleres emprendedoras ou con algunha idea de emprendemento no futuro que residan en zonas rurais para axudar a potenciar os seus negocios non só a nivel local senon tamén global. Esta formación levarase a cabo exclusivamente online, para o que o concello de A Bola pon á disposición a súa aula CeMIT municipal (ubicada no baixo do edificio da Biblioteca Municipal) para todas aquelas mulleres que estén interesadas en facer estes cursos e precisen medios para elo.

Para inscribirse ou ter máis información deberase chamar ao concello no 988451293 ou 604037952. O prazo límite para recibir inscricións será o 06/11/2020.