“A Bola Saudable” é un programa que busca favorecer a mellora do estado de saúde e benestar integral da poboación do concello, e abarca a práctica das dúas disciplinas deportivas máis precisas e demandadas pola poboación do concello: a ximnasia de mantemento e o ioga. A periodicidade é semanal, cunha hora de sesión á semana de cada unha destas disciplinas.
A duración será dende febreiro ata novembro de 2022 e será preciso inscrición previa. Para ter máis información podedes chamar ao concello (988451293 pu 604037952) ou escribir un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
O vindeiro martes día 13 de abril darán comezo as sesións de ximnasia de mantemento ás que se pode anotar toda persoa que así o desexe, sen límite de idade. Os exercicios que se realizarán estarán adaptados ao grupo de participantes, tendo en conta limitacións, doenzas, etc. e tamén aspectos precisos a traballar. As sesións serán moi dinámicas e divertidas, na liña do que se viña realizando en edicións anteriores, así que… a que esperas para anotarte?
As prazas serán limitadas, realizarase en entorno aberto con distancia de seguridade e respectando as medidas establecidas para este tipo de actividades en relación aos protocolos ante a Covid-19.
Para máis información e inscricións, chamar ao concello (988451293) ou ao 604037952. Tamén se pode escribir un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal. Non hai límite de prazo para anotarse, así que calquera persoa se pode unir á actividade durante os meses que se realiza sempre e cando haxa praza dispoñible.