A compañía de teatro e clown BANDULLO AZUL, achegaranos á Area Recreativa da Bola o vindeiro mércores 19 de xullo ás 18:30h o espectáculo «Filipa cos contos», unha sesión filipante de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que se subena escea: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, a que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa exepriencia. A entrada é de balde e un espectáculo para todos os públicos, esperámoste!
Xa queda menos para que acabe o curso escolar, e para que comecen as vacacións! E na Bola queremos celebrar coa rapazada e as familias que xa comeza o verán acompañados de Xoán Curiel que nos vai contar, a ritmo de música, cómo montou montar a nosa banda de verán. Contadiña, cancións, baile… Todo isto para dar comezo un ano máis á nosa Biblioteca de Verán, e será o xoves 29 de xuño na Área Recreativa da Bola dende as 18:30h. Esperámoste!
(*Aínda que esperamos que faga moi bo día para esta festa, en caso de que chova non preocuparse! Temos un plan B preparado para trasladarnos á nave de Cacabelos, a só uns metros da área recreativa. Para que nada pare a festa!).
O vindeiro xoves día 30 de xuño, a partires das 18:30h. o noso concello acollerá unha festiña de comezo do verán: «PEQUE DISCO MOC MOC» virá dinamizar aos cativos e non tan cativos animándoos a bailar divertidas coreografías con música moi animada, e tamén disfrutar cun espectáculo de malabares sorprendente. Pode asistir todas aquelas persoas que o desexen xa que a entrada é libre!
Todo elo está organizado dentro do proxecto «A Biblioteca de Verán da Bola» que levará a biblioteca á Área Recreativa do río Orille ao longo deste verán 2022. Esta iniciativa está cofinanciada a través do programa «Ler Conta Moito» da Xunta de Galicia e a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, da que forma parte a Biblioteca Pública Municipal de A Bola.