XORNADAS FORMATIVAS FORESTAIS NO MES DE XUÑO

No mes de xuño levaranse a cabo tres xornadas formativas no concello de A Bola relacionadas con traballos forestais:

  • PLANIFICACIÓN PARA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS
  • MANEXO DO SOUTO
  • PRAGAS E DOENZAS DOS CASTIÑEIROS

Estarán impartidas polo «Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense)» en colaboración coa Consellería de Medio Rural e AGACAL. Poderán anotarse todas aquelas en idade laboral que estean interesadas cubrindo un formulario que está dispoñible para descargar na sede electrónica do concello e enviándoo cuberto ao correo: concello@concelloabola.gal, ou tamén cubríndoo e entregándoo en persoa nas dependencias do concello (horario de 9 a 15h. de luns a venres). Para ter máis información, podedes chamar ao 988451293 (extensión 5). As datas límite de inscrición serán do 31 de maio para a xornada do día 2 de xuño, e o día 25 de maio para as outras dúas.

FORMACIÓN SOBRE O USO DO CAIXEIRO AUTOMÁTICO

FORMACIÓN SOBRE O USO DO CAIXEIRO AUTOMÁTICO

A aula Cemit municipal acollerá os días 25 de maio e 1 de xuño unhas xornadas formativas sobre o uso do caixeiro automático, especialmente dirixida ás persoas maiores e contribuir a evitar os problemas que se atopan coa situación bancaria actual de redución de horas de atención presencial e fomento do uso de máquinas para o manexo de diñeiro.Máis información e inscricións: 988451293 – 604037952 ou biblioteca@concelloabola.gal

XORNADAS FORMATIVAS DE NOVAS TECNOLOXÍAS E ENVELLECEMENTO SAUDABLE

XORNADAS FORMATIVAS DE NOVAS TECNOLOXÍAS E ENVELLECEMENTO SAUDABLE

Dende mañá martes día 11 e ata o día 31 deste mes de maio a aula CeMIT do concello de A Bola acollerá unha serie de sesións formativas a través da AMTEGA, o CEPEIG e SomosDixital dirixidas a persoas maiores e relacionadas coas novas tecnoloxías orientadas a favorecer o envellecemento saudable. As sesións teñen unha duración media dunha hora e son en horario de mañá.

Para ter máis información sobre as mesmas e anotarse, podedes contactar coa aula CeMIT municipal chamando ao 988451293 ou 604037952, e tamén escribindo un correo electrónico a: biblioteca@concelloabola.gal

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2022

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2022

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas neste 2022 o concello de A Bola ofrecerá á veciñanza unha exposición interactiva sobre o autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, e tamén actividades que misturarán as novas tecnoloxías con xogos para coñecer un pouco máis a este escritor.

A exposición, ubicada na pranta baixa do edificio da biblioteca, estará aberta dende hoxe día 9 ata o remate do mes o día 31, en horario de 9h. a 14h. (excepto os días 10, 12, 24 e 26 que estará aberta en horario de tarde, de 15h. a 20h.) e nela poderase facer un percorrido pola vida de Delgado Gurriarán, sabendo máis sobre a súa vida e obra, podendo ter acceso a códigos QR cos que se accederá a novos contidos relacionados. Esta exposición realízase coa colaboración da Consellería de Dinamización Lingüística e da Biblioteca Municipal.

A actividade do día 24 de maio será realizada na Aula CeMIT municipal (sita no edificio da biblioteca) e está dirixida a crianzas e tratará de facer que a través de xogos e actividades realizadas cos ordenadores poidan coñecer un pouco máis a Florencio Delgado Gurriarán de xeito lúdico.

O acceso á exposición interactiva é libre, e para a actividade do día 24 é preciso inscrición previa por teléfono (988451293 ou 604037952) ou por correo electrónico (biblioteca@concelloabola.gal) xa que as prazas son limitadas.

ENTENDENDO MELLOR A FACTURA DA LUZ

ENTENDENDO MELLOR A FACTURA DA LUZ

Sendo conscientes do incremento deste gasto dentro dos nosos fogares e da incertidume e descoñecemento que moita xente ten de parte dos conceptos que veñen reflectidos na actual factura da luz, esta sesión formativa e informativa levada a cabo por un profesional experto no sector trataremos de axudar a aquelas persoas que participen dela que poidan comprender con maior claridade a súa factura da luz, ademáis de poder esclarecer todas as dúbidas que ao respecto poida presentar.
Ademáis, tamén se expoñerá o estado actual e previsto do mercado da electricidade (tarifas, taxas, modalidades…) e facilitará a quen asista para que poida axustar os servizos que ten contratados para os que realmente precisa e para o tipo de consumo que realiza.
Haberá tamén un apartado específico para falar do Bono Social Eléctrico (en qué consiste, condicións para ser beneficiario/a e como solicitalo).

Levarase a cabo o martes día 26 de abril ás 10:30h. A sesión terá unha hora e media de duración, e as prazas son limitadas, sendo preciso realizar inscrición previa para poder participar (por teléfono chamando ao 988451293 ou 604037952, ou ben por correo electrónico: educacionfamiliar@concelloabola.gal)

Esperámoste!