BANDO INFORMATIVO SOBRE A INSPECCIÓN DE TRACTORES
BANDO AXUDAS POLA COMPRA DE VIVENDA PARA XOVES EN CONCELLOS DE MENOS DE 10.000 HABITANTES
PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO 2022
Dende o día 27 de xuño ata o día 19 de xullo estará aberto o prazo para solicitar participar no Programa “TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO” 2022-2023
O programa contempla a solicitude de praza en zona costeira peninsular (Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana), Illas Baleares, Illas Canarias e Turismo de Interior (circuitos culturais, turismo de natureza, viaxes a capitais de provincia).
Requisitos:
- Ser maior de 65 anos ou de 60 anos sendo pensionista.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Valerse por sí mesmo e non padecer trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia.
Documentación:
- Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe, se é o caso.
- Xustificación acreditativa da pensión/s que percibe o solicitante así como do seu cónxuxe se procede.
O prazo de solicitude remata o 19 de XULLO de 2022.
Para máis información e para a súa tramitación poden acudir aos Servizos Sociais do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.
RECOLLIDA DE MATERIAL DE AXUDA PARA UCRAÍNA
ATENCIÓN Á VECIÑANZA: O concello de A Bola acaba de poñer en marcha un dispositivo de axuda para enviar material de primeira necesidade para Ucraína en colaboración coa Deputación de Ourense. O material a recoller será:
– Enseres de abrigo: mantas, sábanas, colchas…
– Roupa de abrigo, tanto de bebé e neno/a como de adultos (importante chaquetas e abrigos)
– Obxectos de hixiene persoal: cepillos e pasta de dentes, xabóns, toalliñas de bebé…
– Pañais tanto de bebé como de adulto.
– Productos de hixiene femenina: compresas, tampóns, toalliñas hixiénicas…
– Comida en lata ou precociñada industrialmente (preferible non traer arroz ou pasta en crú).
– Leite en pó e potitos para bebés.
– Guantes de látex- Material escolar (libretas, lápis, gomas, pinturas, estoxos…) e libros de lectura infantís.
– Xoguetes de pequeno tamaño e fácil transporte.
IMPORTANTE! Todo o que se traia debe vir en caixas ou bolsas clasificado segundo o tipo de material que sexa segundo o anteriormente sinalado para facilitar a súa posterior xestión.O lugar de recollida será o edificio do concello en horario de luns a venres de 9:30h. a 14:30h.Para máis información, podedes chamar ao concello (988451293) e contactar cos servizos sociais municipais