O concello de A Bola, seguindo a liña de promover iniciativas e espazos para fomentar a conciliación laboral, familiar e pesoal das veciñas e veciños do municipio, abre novamente o Espazo «Medrando Xunt@s» para levar a cabo actividades de lecer e tempo libre socioeducativas dirixidas a crianzas de entre 3 e 12 anos de idade os días 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril en horario de 9:45h. a 13:15h. coincidindo coas vacacións lectivas.
Para poder asistir, é preciso realizar unha inscrición previa para a cal pódese chamar ao 988451293 (extensión 4) ou ben escribindo un correo electrónico á dirección: biblioteca@concelloabola.gal, onde tamén se dará toda a información que se precise ao respecto destas actividades.
O día que rematará o prazo de inscrición será o xoves 25 de marzo ás 14h. e haberá prazas limitadas respectando o aforo e ratio máximo para dita actividade, e seguindo no seu desenrolo o correspondente protocolo de seguridade e hixiene ante a Covid-19.
A DGT é o organismo que se encarga de emitir o permiso de conducir en España. Para elo, as persoas aspirantes a conductoras deben presentarse a un exame teórico e outro práctico para demostrar os seus coñecementos sobre as normas de circulación e habilidades ao volante.
Para obter os coñecementos precisos para presentarse ao exame, poden prepararse de dúas formas; a través dunha autoescola, onde se encargarán de proporcionar o material preciso, ou senon por libre. Neste último caso, poderán consultar manuais clásicos de circulación e repasar o aprendido con test gratuitos en formato online coma os que aparecen pinchando AQUÍ.
O Concello de A Bola acaba de crear unha canle a través da aplicación de mensaxería instantánea «Telegram» para ofrecer á poboación a posibilidade de estar informada dun xeito máis directo no seu teléfono móbil e ao instante sobre información municipal de interese e as diferentes actividades e iniciativas que se promoven dende o concello para toda a veciñanza.
Para poder recibir deste xeito a información, é preciso descargar a aplicación «Telegram» dende as plataformas Google Play (Android) ou Apple Store (Iphone/Apple) e buscar a nosa canle: https://t.me/ActividadesConcelloABola
Non dubidedes en difundir esta información e compartila con quen pensedes que lle poida resultar de interese!
Con este primeiro vídeo damos comezo a este proxecto de visibilización e reivindicación da figura da muller no eido da creación literaria galega con Filomena Dato Muruais, unha ourensana do SXIX da que non nos podemos esquecer chegado o 8M xa que foi unha escritora comprometida co movemento feminista e en contra dos estereotipos machistas non só nas súas letras senon na súa intensa actividade social e cultural, nuns tempos complexos para este tipo de reivindicacións.
Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller, un día moi especial para todas nós, para lembrar que cada día debemos avanzar cara unha realidade máis igualitaria, pola eliminación de todo aquelo que promova a desigualdade e o posicionamento das mulleres en desvantaxe con respecto aos homes (a nivel laboral, familiar, profesional, doméstico, económico, político…). É preciso facer posible unha igualdade de oportunidades real, e isto non é competencia só das propias mulleres, senon que é imprescindible a implicación de toda a sociedade no seu conxunto.
Un dos aspectos importantes para acadar esa igualdade é facer visible o papel da muller en ámbitos nos que non soe verse recoñecida, a pesares das súas importantes e numerosas aportacións ao longo da historia.
Neste senso, dende o concello de A Bola queremos contribuir a esta visibilización, e aproveitando esta importante data e co gallo da adicación do Día das Letras Galegas 2021 a unha muller, Xela Arias, daremos comezo ao proxecto «Mulleres galegas nas letras» para recoñecer e reivindicar o papel da muller no eido da creación literaria galega. Así, cada semana dende o 8 de marzo ata o 17 de maio, daremos a coñecer unha autora galega tanto histórica coma contemporánea, descubrindo así o talento e potencial da nosa literatura escrita por mulleres.
O vindeiro martes día 29 de decembro de 10:30h a 12:30h as crianzas do concello poderán disfrutar na aula CeMIT municipal dunha xornada utilizando as TIC´s para divertirse e de paso escribirlle unha carta a través de Internet ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente. Todo elo con temática de Nadal, para seguir disfrutando destas datas tan especiais para todas elas.