Poeta, tradutora… e con moitas máis facetas no mundo da literatura e da arte. Queres saber un pouquiño máis de Yolanda Castaño? Deixámosche esta pequena escolma nunha nova entrega deste noso proxecto: preme AQUÍ para ver o vídeo.
O vindeiro día 10 de maio transmitiremos a seguinte sesión en liña da nosa Escola de Familias, que será «Resolución de conflitos en positivo», tratando de desmitificar o que para moitxs de nós é un conflito e vendo a súa parte positiva, a oportunidade que trae consigo se se resolve a través de ferramentas axeitadas. Desta volta será Sanua G. Saberi, psicóloga da Asociación Xarela de Ourense.
Para poder visualizar esta sesión, é preciso inscribirse previamente e ata o venres 7 de maio, ben chamando por teléfono ao 988451293 ou 604037952 (aquí tamén por mensaxe de Whatsapp ou Telegram), ou ben escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
Autora de obras ítegramente escritas en galego, tamén destacou por ser directora de teatro e radio, creando o primeiro espazo radiofónico adicado ás mulleres e o primeiro programa realizado e emitido por completo no noso idioma. Descubre máis sobre Xohana Torres vendo o noso vídeo dentro deste proxecto premendo AQUÍ.
Neste mes de abril poñeremos en marcha novamente a nosa «Escola de Familias» para este ano 2021. Será o 4º ano no que ofreceremos a nais, pais e educadores/as en xeral a posibilidade de sumarse a esta serie de sesións que buscan formar e informar sobre temáticas de interese para as nosas familias. Tendo en conta a situación actual e facilitando a participación de todos/as, esta edición tamén será en liña, é dicir, sesións gravadas e colgadas na rede para a súa posterior visualización, ao igual que fixemos o ano pasado .
A primeira sesión publicarase o vindeiro luns 19 de abril co título «APRENDENDO A LER AS ETIQUETAS»; nesta sesión falaremos de tipos de produtos, ingredientes que poden ter e como identificar os que poden ser nocivos, desmontaremos mitos e ofreceremos alternativas de alimentación saudable, especialmente para as nosas crianzas. Todo isto e máis da man de Rebeca Bande, unha nai apaixoada da alimentación e nutrición, a educación e a sostibilidade, e que leva anos ofrecendo charlas e formacións sobre esta temática a nais, pais e profesionais relacionados co mundo da educación das crianzas.
Para poder recibir o enlace para a visualización da sesión, é preciso inscribirse previamente ata este venres día 16 de abril chamando ao 988451293 ou 604037952 (tamén whatsapp e telegram), ou escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.
O vindeiro martes día 13 de abril darán comezo as sesións de ximnasia de mantemento ás que se pode anotar toda persoa que así o desexe, sen límite de idade. Os exercicios que se realizarán estarán adaptados ao grupo de participantes, tendo en conta limitacións, doenzas, etc. e tamén aspectos precisos a traballar. As sesións serán moi dinámicas e divertidas, na liña do que se viña realizando en edicións anteriores, así que… a que esperas para anotarte?
As prazas serán limitadas, realizarase en entorno aberto con distancia de seguridade e respectando as medidas establecidas para este tipo de actividades en relación aos protocolos ante a Covid-19.
Para máis información e inscricións, chamar ao concello (988451293) ou ao 604037952. Tamén se pode escribir un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal. Non hai límite de prazo para anotarse, así que calquera persoa se pode unir á actividade durante os meses que se realiza sempre e cando haxa praza dispoñible.
Desta volta, adicámoslle o segundo vídeo no noso proxecto «Mulleres Galegas nas Letras» a Marina Mayoral. Tal e como se di nel, animádevos a descubrila tanto a través das súas obras literarias como das súas publicacións e colaboracións en diarios, redes sociais, artigos de opinión, etc. Pinchade aquí para ver o vídeo: MARINA MAYORAL