Comunicamos á veciñanza que está a disposición na oficina de Rexistro do concello de A Bola unhas follas de recollida de firmas co obxectivo de manifestar unha protesta en desacordo coa implantación masiva e sen control da modalidade de pesca sen morte e vedados permanentes, nos tramos e cauces dos ríos ourensáns, como único modo da práctica da pesca, en detrimento da pesca tradicional e da liberdade individual.
Os/as pescadore/as e veciños/as ribeireños/as dos ríos ourensáns que están a promover esta iniciativa esixen así que se lles devolvan ao seu estado anterior a totalidade dos ríos que tiveron sempre un carácter libre de uso na práctica da pesca fluvial e que non se modifique o seu estado libre sen estudos previos cuxo resultado puidera recomendar mudar a súa modalidade de aproveitamento.
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Infórmate e presenta a túa solicitude ata o 15 de novembro, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos servizos sociais de atención primaria de saúde, nos centros sociocomunitarios dependentes da Consellería de Política Social e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
Se tes unha horta ou xardín de máis de 50m2 podes participar na Campaña Provincial de Compostaxe Doméstica.Recibirás un composteiro de balde para sacarlle proveito ó teu lixo orgánico.
Podes inscribirte ata o 15 de outubro no Concello.
A actuación de «Mellora do sistema de depuración de augas residuais en Podentes» no concello de A Bola é posible grazas ao apoio financeiro da Unión Europea e busca dotar dun mellor servizo de depuración de augas residuais aos veciños e veciñas deste pobo no noso municipio.
A actuación de «Mellora do abastecemento ós pobos de Seara e de Veiga» no concello de A Bola é posible grazas ao apoio financeiro da Unión Europea e busca dotar dun mellor servizo de abastecemento aos veciños e veciñas destes dous pobos ubicados no noso municipio.