O CONCELLO DE A BOLA DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

O CONCELLO DE A BOLA DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe é 25 de Novembro, e conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e vén lembrarnos que aínda hai moito por facer para eliminar a violencia machista da nosa sociedade, xa que segue a ser unha lacra que está a afectar a moitas mulleres e ás súas crianzas, e xa se levou a vida de 41 mulleres no presente 2020 (cifra actualizada a mes de novembro, o que supón o friolero cálculo aproximado dunha falecida por semana no que vai de ano)

A pandemia deste foi un factor moi negativo para a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, porque a pesares de que as denuncias por estatística se estancaron en número, as solicitudes de información a servizos de atención á muller e ao número 061 triplicáronse, o que indica que debemos seguir traballando para facilitar que as mulleres que o precisen poidan dar o paso para saír desa situación dun xeito eficaz e nunha contorna o máis segura e protectora posible.

Non debemos esquecer tampouco ás outras vítimas, as fillas e fillos destas mulleres que tamén viven esta situación de violencia e que precisan dos nosos esforzos para brindarlles a oportunidade que merecen de vivir unha situación de benestar e tranquilidade lonxe deste tipo de situacións.

Hoxe e os 365 días do ano, o concello de A Bola di NON á violencia de xénero, e poñemos a disposición das mulleres que o precisen todos os servizos e mecanismos que están da nosa man para axudalas a que ese cambio de situación sexa posible.

O paso pola Bola da Volta Ciclista a España 2020

E ti, tamén te achegaches ao noso concello para ver pasar aos ciclistas na etapa máis longa da competición? Foi todo un espectáculo velos pasar e tamén a todos os seus vehículos de equipo, persoal organizador, seguridade… Aquí vos deixamos algunha imaxe e vídeo que tomamos nese día.

Chegada do grupo de cabeza de carreira

Chegada dos restantes participantes da carreira

A Bola, concello adherido ao Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía Sostible

A Bola, concello adherido ao Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía Sostible

O concello de A Bola é unha das entidades locais que está adherida a este Pacto que a nivel europeo agrupa a miles de gobernos locais que de xeito voluntario se comprometen a implantar os obxectivos den materia de clima e de enerxía da Unión Europea.

O lanzamento deste Pacto (en adiante, PACES) tivo lugar por primeira vez en Europa en 2008 co propósito de reunir aos gobernos locais que se comprometesen a implantar estes obxectivos; esta iniciativa non só achegou un enfoque innovador nas accións relacionadas co clima e a enerxía, senon que o seu éxito superou axiña todas as expectativas.

O concello de A Bola sumouse a esta iniciativa no ano 2019, e hoxe en día o PACES reúne máis de 7000 autoridades locais e rexionais de 57 países que aproveitan os puntos fortes dun movemento que involucra a múltiples actores e conta co apoio técnico e metodolóxico de oficinas adicadas a este fin.

Para ter máis información ao respecto do PACES (orixe, obxectivos, comunidade en Galicia, eventos…) pódese consultar a páxina oficial na nosa comunidade premendo no seguinte enlace:

WEB PACTO DE ALCALDES POLO CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE

NOVOS CURSOS DA AULA CEMIT MUNICIPAL

O vindeiro luns día 19 de outubro darán comezo dous cursos que se celebrarán de xeito simultáneo de luns a venres en horario de mañá e ata finais do mes de novembro na nosa aula CeMIT. O principal obxectivo destes cursos será O obxectivo principal será que o alumnado poida poida manexar de xeito autónomo un dispositivo informático, para poder empregalo no seu día a día e a cotío de maneira útil.

  • Curso de iniciación á informática (30h): Manexo e Navegación do monitor e o escritorio, iconos e funcionalidade, Hardware básico, Ofimática Básica con Word, Excel e PowerPoint, Principios de Ciberseguridade, Xestión de arquivos e carpetas.
  • Curso de iniciación a internet (31h): Manexo e Navegación por internet, Tramitacións burocráticas e operacionaís por internet (chave 365, facenda, citas no Sergas, pago de impostos, permisos, licencias,etc), Sistemas de pagamento electrónico, Busquedas correctas de información de interese e de medios dixitais, Correo Electrónico, Cloud Computing e Google Suite.

Para máis información e inscricións, chamar ao 988451293 ou escribir un correo electrónico a: cemit.abola@xunta.gal.

Aprender a usar o teléfono móbil e manexar a aplicación «Whatsapp», próximos cursos da nosa Aula CeMIT

Este xoves día 17 de setembro comezarán dúas formacións na nosa aula CeMIT: «Aprende a utilizar o teléfono móbil» e «Aprende a utilizar Whatsapp». Ambolos dous cursos desenvolveranse en horario de mañá de xeito presencial na aula CeMIT e están dirixidos principalmente a aquelas persoas maiores que poidan ter maior dificultade no manexo de teléfono móbil e tamén de como usar o «Whatsapp» (a coñecida aplicación de mensaxería), pero pode participar todas aquelas persoas que desexen refrescar coñecementos e/ou profundizar máis no seu uso.

Para máis información sobre horarios e realización de inscricións, poñerse en contacto chamando ao 988451293 ou enviando un correo electrónico a: cemit.abola@xunta.gal.

Lembrade! Para aquelas persoas que non teñan vehículo ou forma de desprazarse ata a aula, poden concertar o servizo de transporte municipal chamando ao 988433786.

O Espazo Medrando Xunt@s despediu a súa tempada de verán cunha festa para as crianzas

O pasado mércores os cativos e cativas participantes do noso Espazo Medrando Xunt@s do concello de A Bola puideron desfrutar dunha “Festa de Fin de Verán” con hinchables, deslizadora de auga, festa da escuma, xogos, música… todo elo para pechar a tempada de actividades que neste espazo se levaron a cabo durante os meses de verán no municipio para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Este servizo posto en marcha polo concello veu a ofrecer unha oportunidade de atención á infancia e conciliación para as familias do municipio, ás que lle agradecemos de corazón o seu cariño e constante colaboración para que estas actividades chegasen a ser o éxito que foron.