O concello de A Bola, no seu compromiso de continuar con iniciativas que fomenten e promovan a erradicación da violencia contra as mulleres, ten programadas novas actividades para conmemorar o día Día Internacional contra a Violencia de Xénero dentro do “Espazo de Mulleres” (subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero), que se levarán a cabo no Local Social de Veiga a partires das 16:30h. do día 23 de novembro, dirixidas tamén ás súas crianzas: por unha banda, teremos un contacontos sobre o libro “Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa” de Estela Moreno, galardonado con diversos premios a nivel pedagóxico pola súa capacidade de recoller e transmitir á poboación infantil un tema tan complexo como é todo o proceso da violencia de xénero de xeito moi sutil e sinxelo de xeito que pode ser comprendido tanto polas crianzas coma por persoas adultas. E por outra banda, a continuación, realizarase un obradoiro temático no que traballaremos aspectos relacionados coa prevención da violencia de xénero a través da empatía e o respecto, da importancia das emocións e os bos tratos, na liña do traballado en diversos obradoiros realizados nos últimos meses para tal fin.
As prazas son limitadas, e coma todas as actividades que estamos levando a cabo seguiranse as medidas de seguridade e hixiene correspondentes ante a COVID-19.
Para máis información e inscricións: 988451293 ou 604037952 (tamén whatsapp), ou ben por correo electrónico a educacionfamiliar@concelloabola.gal
O pasado martes as crianzas do noso concello recibiron ao Apalpador e ao resto de personaxes que encheron o escenario de títeres: Martino, Andrés, o morcego torpón, un monstro monstruoso, un cocho-vehículo… As risas e aplausos encheron o local social de Veiga nunha tarde que se fixo do máis entretida.
E ti, tamén te achegaches ao noso concello para ver pasar aos ciclistas na etapa máis longa da competición? Foi todo un espectáculo velos pasar e tamén a todos os seus vehículos de equipo, persoal organizador, seguridade… Aquí vos deixamos algunha imaxe e vídeo que tomamos nese día.
O vindeiro martes día 10 de novembro ás 16:30h. no Local Social de Veiga (baixo concello) presentarase a actividade lúdica para toda a familia «As aventuras do Apalpador».
E sabedes quen é o Apalpador? Pois un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira. Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos e nenas casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.
E como precisa moitas castañas para repartir entre as rapazas e rapaces de toda Galicia, está a comezar a apañalas polos nosos montes e bosques agora, na época do magosto, pero… qué aventuras lle sucederán polo camiño?? Se queres sabelo, só tes que anotarte chamando ao 988451293 ou ao 604037952, ou escribir un correo a educacionfamiliar@concelloabola.gal para anotarte e poder ver este espectáculo tan chulo e pasar unha divertida tarde de martes.
AS PRAZAS PARA ASISTIR SON LIMITADAS, xa que as condicións do local cumprirán coa normativa de aforo máximo establecido polo protocolo COVID-19 e tamén contarán con todas as medidas de hixiene e prevención ao respecto. A asistencia con mascarilla será obrigada para este evento.
O concello de A Bola é unha das entidades locais que está adherida a este Pacto que a nivel europeo agrupa a miles de gobernos locais que de xeito voluntario se comprometen a implantar os obxectivos den materia de clima e de enerxía da Unión Europea.
O lanzamento deste Pacto (en adiante, PACES) tivo lugar por primeira vez en Europa en 2008 co propósito de reunir aos gobernos locais que se comprometesen a implantar estes obxectivos; esta iniciativa non só achegou un enfoque innovador nas accións relacionadas co clima e a enerxía, senon que o seu éxito superou axiña todas as expectativas.
O concello de A Bola sumouse a esta iniciativa no ano 2019, e hoxe en día o PACES reúne máis de 7000 autoridades locais e rexionais de 57 países que aproveitan os puntos fortes dun movemento que involucra a múltiples actores e conta co apoio técnico e metodolóxico de oficinas adicadas a este fin.
Para ter máis información ao respecto do PACES (orixe, obxectivos, comunidade en Galicia, eventos…) pódese consultar a páxina oficial na nosa comunidade premendo no seguinte enlace:
O vindeiro luns día 19 de outubro darán comezo dous cursos que se celebrarán de xeito simultáneo de luns a venres en horario de mañá e ata finais do mes de novembro na nosa aula CeMIT. O principal obxectivo destes cursos será O obxectivo principal será que o alumnado poida poida manexar de xeito autónomo un dispositivo informático, para poder empregalo no seu día a día e a cotío de maneira útil.
Curso de iniciación á informática (30h): Manexo e Navegación do monitor e o escritorio, iconos e funcionalidade, Hardware básico, Ofimática Básica con Word, Excel e PowerPoint, Principios de Ciberseguridade, Xestión de arquivos e carpetas.
Curso de iniciación a internet (31h): Manexo e Navegación por internet, Tramitacións burocráticas e operacionaís por internet (chave 365, facenda, citas no Sergas, pago de impostos, permisos, licencias,etc), Sistemas de pagamento electrónico, Busquedas correctas de información de interese e de medios dixitais, Correo Electrónico, Cloud Computing e Google Suite.
Para máis información e inscricións, chamar ao 988451293 ou escribir un correo electrónico a: cemit.abola@xunta.gal.