«Iº SAMAN FEST» do concello de A Bola
O vindeiro 28 de outubro celebrarase no noso concello o 1º «Saman Fest», unha celebración do Samaín divertida e con moita música, concurso de foto máis terrorífica, queimada… e boa compaña.

O vindeiro 28 de outubro celebrarase no noso concello o 1º «Saman Fest», unha celebración do Samaín divertida e con moita música, concurso de foto máis terrorífica, queimada… e boa compaña.

A agrupación de concellos de A Merca, Cartelle e A Bola, o ENEGA concedeulles unha subvención para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas para a anualidade 2023.
Importe da axuda: 11.100,00 euros.
Actuación: Planificación enerxética en entidades locais.
Código de Solicitude: IN418E-23A35.

Plan de mellora de Val de Boi a Tixosa/San Martín, dividido en dúas actuacións:
·Actuación 1. Cruce estrada Val de Boi a San Martiño
·Actuación 2. Antes do cruce de Tixosa a Tixosa
Estas actuacións están subvencionadas nun 60% polo FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural). Dita porcentaxe, financiada pola Unión Europea

O vindeiro martes día 29 de agosto a partires das 17:30h teremos o privilexio de acoller na área recreativa da Bola a «XORNADA DE BAILE A CASA VELLA»; Nuria Sotelo, bailarina e coreógrafa, impartirá unha sesión de baile para maiores para todas aquelas persoas que se queiran achegar, non é preciso reservar praza. Será unha oportunidade única para bailar e disfrutar en veciñanza con esta recoñecida profesional!
Ademáis acolleremos as fotografías en grande formato de artistas que acudiron á Casa Vella durante estes anos, obra do artista visual Rubén Vilanova.
Rubén e Nuria tamén nos contarán, unha vez rematada a sesión de baile, un pouquiño máis sobre este proxecto de A Casa Vella que iniciaron no 2021 en Amiadoso (Allariz) e que se proxecta xa coma un referente na dinamizacion cultural no rural.
A participación en calquera das tres actividades é gratuita e libre. Unha cita chea de baile, arte e cultura que non podedes perder!
