A agrupación de concellos de A Merca, Cartelle e A Bola, o ENEGA concedeulles unha subvención para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas para a anualidade 2023.
Importe da axuda: 11.100,00 euros.
Actuación: Planificación enerxética en entidades locais.
O vindeiro martes día 29 de agosto a partires das 17:30h teremos o privilexio de acoller na área recreativa da Bola a «XORNADA DE BAILE A CASA VELLA»; Nuria Sotelo, bailarina e coreógrafa, impartirá unha sesión de baile para maiores para todas aquelas persoas que se queiran achegar, non é preciso reservar praza. Será unha oportunidade única para bailar e disfrutar en veciñanza con esta recoñecida profesional!
Ademáis acolleremos as fotografías en grande formato de artistas que acudiron á Casa Vella durante estes anos, obra do artista visual Rubén Vilanova.
Rubén e Nuria tamén nos contarán, unha vez rematada a sesión de baile, un pouquiño máis sobre este proxecto de A Casa Vella que iniciaron no 2021 en Amiadoso (Allariz) e que se proxecta xa coma un referente na dinamizacion cultural no rural.
A participación en calquera das tres actividades é gratuita e libre. Unha cita chea de baile, arte e cultura que non podedes perder!
O vindeiro xoves dia 24 ás 18:30h na área recreativa da Bola acolleremos un espectáculo de maxia co Mago Paco, sendo o segundo ano que nos visita despois de ter arrincado aplausos e risas por igual tanto de grandes como de cativos na última vez que se achegou a facer a súa maxia no noso concello. A entrada é libre! Esperámosvos.
Esta actividade está recollida dentro da programación da Biblioteca de Verán de A Bola a través do Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.