MEDIDAS DE PREVENCIÓN EN RELACIÓN Á CHEGADA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS AO NOSO CONCELLO

MEDIDAS DE PREVENCIÓN EN RELACIÓN Á CHEGADA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS AO NOSO CONCELLO

Seguindo a normativa autonómica, dende o pasado martes día 28 de xullo toda persoa que chegue de visita á Comunidade Autónoma de Galicia, e por tanto, ao concello de A Bola procedente doutros territorios con especial incidencia do COVID-19 ou que volte dunha estancia nestes territorios, deberá comunicar esta situación no prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada cos datos de contacto e de estadía de calquera das seguintes maneiras:

  • Cubrindo un formulario dispoñible no enderezo: https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros
  • Chamando ao teléfono 881 00 20 21 para suministrar os datos que se indican na normativa correspondente (pica AQUÍ para consultalos no anexo da publicación no DOG)

Os datos debe subministralos a propia persoa ou o seu representante legal, que serán responsables de que a información recollida sexa veraz e precisa, e será de obrigado cumprimento independentemente da presenza ou non de síntomas compatibles coa COVID-19.

Para consultar que territorios de procedencia e/ou estancia son os establecidos a efectos de aplicación da obriga de comunicación anteriormente citada: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200728/AnuncioC3K1-270720-2_gl.html

Esta resolución sobre o listado de territorios con alta incidencia do COVID-19 será obxecto de revisión pasados 15 días dende a súa publicación por parte da autoridade autonómica competentes.

Convocatoria para a contratación laboral temporal dun/dunha axente TIC para a aula CeMIT

Convocatoria para a contratación laboral temporal dun/dunha axente TIC para a aula CeMIT

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para o posto de axente TIC para a aula CeMIT do Concello de A Bola.

O Concello abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos que será de tres (3) días naturais que se computarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As persoas interesadas poderán recoller e/ou consultar as bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9.00 h a 14.00 h. ou descargalas para consulta no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de A Bola.

ENLACE Á PUBLICACIÓN NO BOP

ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA (consulta das bases)

XOGOS POPULARES ESTE VENRES NA ÁREA RECREATIVA

A mañá deste venres día 10 de xullo será de diversión na nosa Área Recreativa da Ponte Barbón; nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán disfrutar de xogar a diferentes xogos populares nun espazo aberto e con todas as medidas de seguridade e hixiene.

As crianzas que desexen participar precisan ser inscritas previamente ata este xoves 9 de xullo ás 14h. chamando ao 988451293, chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao 604037952 ou enviando un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.

AS PRAZAS SON LIMITADAS!

TERCEIRA SESIÓN DA ESCOLA DE FAMILIAS EDICIÓN EN LIÑA: «CRIANZA POSITIVA»

Dende o pasado martes día 23 de xuño e ata o vindeiro 1 de xullo as persoas anotadas están podendo aprender novos contidos relacionados coa «Crianza Positiva», temática principal da nosa terceira e última sesión da Escola de Familias do concello de A Bola na súa edición en liña para este primeiro semestre do ano 2020.

Nela, falaremos novamente con Ana Díaz Lorenzo, traballadora social da Asociación Xarela Formación Animación desta temática que está a espertar dende xa fai tempo moito interese nas familias e tamén promover novos estilos de educación máis respetuosa e empática para coas nosas crianzas; durante esta sesión tratamos de introducirnos nos principios da disciplina positiva e a coeducación na familia e falaremos sobre diversas pedagoxías alternativas, ademáis da súa adaptación segundo os estadíos evolutivos dos/as nenos/as e rapaces/as. Sendo conscientes de que non sempre é fácil aplicar os contidos tratados na teoría nesta sesión, trátase de transmitir ferramentas para incorporar esta perspectiva educativa ao noso día a día cos fillos e fillas.