OBRADOIRO DE ESGRIMA ANTIGA NA ÁREA RECREATIVA

OBRADOIRO DE ESGRIMA ANTIGA NA ÁREA RECREATIVA

O videiro luns en horario de 11h. a 12:30h. acolleremos unha actividade novidosa na nosa área recreativa: un obradoiro de esgrima antiga da man de OUREA (Asociación Ourensá de Esgrima Antiga) dirixido a crianzas de entre 4 e 12 anos de idade, onde aprenderán máis sobre esta disciplina e realizarán divertidos xogos e actividades relacionados coa temática. Todo elo con material adaptado a dita franxa de idades e con todas as medidas de seguridade fronte ao COVID-19.

Para saber máis sobre esta xornada, chamar ao concello ao 988451293.

Un mes de agosto cheo de diversión para as nosas crianzas

Hoxe remata un novo mes de actividades no Espazo Medrando Xunt@s do concello de A Bola; as crianzas participantes puideron disfutar de xogos, xinkanas, buscas do tesouro, novas tecnoloxías, cine… Todo elo por suposto coas correspondentes medidas de seguridade e hixiene ante a situación sanitaria provocada polo coronavirus.

Aquí vos deixamos unha escolma do ben que o pasamos!

«Espazo de Mulleres», obradoiros para mulleres de todas as idades

«Espazo de Mulleres», obradoiros para mulleres de todas as idades

O «Espazo de Mulleres» é unha aposta do concello de A Bola para fomentar a prevención da violencia de xénero no municipio que abarcará os meses de setembro, outubro e novembro, realizando diferentes obradoiros relacionados cos autocoidados, a saúde, o crecemento persoal, o desenvolvemento de habilidades e competencias, fomento da actividade física, o benestar, aprendizaxe de autodefensa persoal…

Este ciclo de obradoiros están subvencionados pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Para máis información e inscricións, pódese chamar ao concello (988451293 ou 604037952) ou escribir un correo electrónico a educacionfamiliar@concelloabola.gal.