No concello de A Bola temos unha Meca moi particular, que lle gusta moito que a saúden e coñecer xente, e tamén tomarse un refresquiño ao sol ás portas do edificio consistorial, xa que a hostalería aínda permanece pechada e reivindicando a pronta saída desta crise e volta a poder atoparnos novamente… Iso si, con todas as medidas de seguridade! ;-P
Esta Meca foi creada polas nosas crianzas que vos indican, tal e como di o cartaz que leva consigo a figura: «Se ao noso concello queres entrar, á Meca debes saudar; se no noso concello queres permanecer, á Meca debes coñecer». Así que xa estades a tardar en visitala, saudala, e sacarvos unha fotiño con ela (podedes etiquetarnos nas nosas redes sociais de Facebook e Instagram!)
Que pasedes un feliz Entroido! A pesares das circunstancias, que poidades disfrutalo con sentidiño, respectando todas as medidas de seguridade pero nunca perdendo a ilusión!
O concello de A Bola poñerá en funcionamento no presente mes de xaneiro un novo servizo de acompañamento e apoio eductivo para as crianzas menores do municipio que estén a cursar estudos de primaria co obxectivo de proporcionarlles un apoio na realización de tarefas educativas e tamén de creación dun espazo acompañado onde desenvolver outros contidos e habilidades educativas transversais (habilidades sociais, educación para a saúde, expresión artística, etc.)
Para ter máis información e realizar as correspondentes inscricións, hai que poñerse en contacto co concello en horario de oficina de luns a venres nos teléfonos: 988451293 ou 604037952 (este último tamén por Whatsapp ou Telegram), ou por correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
O vindeiro martes día 29 de decembro de 10:30h a 12:30h as crianzas do concello poderán disfrutar na aula CeMIT municipal dunha xornada utilizando as TIC´s para divertirse e de paso escribirlle unha carta a través de Internet ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente. Todo elo con temática de Nadal, para seguir disfrutando destas datas tan especiais para todas elas.
Dende o concello de A Bola queremos felicitarvos cun pequeno vídeo que pretende reflectir o cariño e adicación das nosas veciñas e veciños ao poñer orixinais e vistosos adornos nas rúas, nas fachadas, nos negocios e nos seus fogares para «vestir A Bola de Nadal» entre tod@s este ano. Esperamos que vos guste!