Este mércores día 10 ás 18:30h ha Área Recreativa da Bola haberá un espectáculo de maxia divertida para toda a familia, con entrada libre para quen desexe asistir. Grandes e pequenos/as poderemos disfrutar dun espectáculo entretido e interactivo.
(ante a posible presenza de tormenta, en caso de chuvia non se anulará o espectáculo, senon que o trasladaremos á nave de Cacabelos, situada a uns cantos metros da área recreativa).
Dende o día 27 de xuño ata o día 19 de xullo estará aberto o prazo para solicitar participar no Programa “TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO” 2022-2023
O programa contempla a solicitude de praza en zona costeira peninsular (Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana), Illas Baleares, Illas Canarias e Turismo de Interior (circuitos culturais, turismo de natureza, viaxes a capitais de provincia).
Requisitos:
Ser maior de 65 anos ou de 60 anos sendo pensionista.
Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
Valerse por sí mesmo e non padecer trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia.
Documentación:
Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe, se é o caso.
Xustificación acreditativa da pensión/s que percibe o solicitante así como do seu cónxuxe se procede.
O prazo de solicitude remata o 19 de XULLO de 2022.
Para máis información e para a súa tramitación poden acudir aos Servizos Sociais do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O vindeiro mércores día 29 de xuño en horario de 10:30h a 12:00h, o local social de Veiga (baixo concello) acollerá unha xornada de orientación laboral a todas as persoas interesadas en asistir que estén desempregadas ou en mellora de emprego e que teñan algún tipo de discapacidade ou que se atopen en situación de incapacidade laboral. Nesta sesión, un técnico da Fundación ONCE ofrecerá a todas as persoas asistentes tamén a posibilidade de incluírse nunha bolsa de emprego que dita fundación posúe e á que moitas empresas de diferentes sectores acoden para buscar posibles traballadores/as, polo que pode ser unha boa oportunidade para todas aquelas persoas que cumplan o citado perfil e estén en busca de emprego.
Para ter máis información pódese chamar ao concello en horario de oficina (988451293), ao móbil do concello (604037952, tamén whatsapp e telegram) ou ben enviar un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal.
O vindeiro xoves día 30 de xuño, a partires das 18:30h. o noso concello acollerá unha festiña de comezo do verán: «PEQUE DISCO MOC MOC» virá dinamizar aos cativos e non tan cativos animándoos a bailar divertidas coreografías con música moi animada, e tamén disfrutar cun espectáculo de malabares sorprendente. Pode asistir todas aquelas persoas que o desexen xa que a entrada é libre!
Todo elo está organizado dentro do proxecto «A Biblioteca de Verán da Bola» que levará a biblioteca á Área Recreativa do río Orille ao longo deste verán 2022. Esta iniciativa está cofinanciada a través do programa «Ler Conta Moito» da Xunta de Galicia e a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, da que forma parte a Biblioteca Pública Municipal de A Bola.
Por Resolución da alcaldesa, do día 14 de xuño de 2022, aprobáronse as bases para a ampliación da bolsa de emprego de auxiliares para o servizo de axuda no fogar como persoal laboral temporal. A duración da bolsa de emprego será ata o 31/12/2022 e o prazo de presentación das solicitudes deberase facer nos cinco días hábiles seguintes dende hoxe que foi publicado este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Pódense presentar as solicitudes será no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres.
As bases da convocatoria pónse consultar xa presencialmente na casa do concello en horario de oficina e na sede electrónica do Concello da Bola (https://abola.sedeelectronica.gal).