CAMPAMENTO SEMANA SANTA

O Concello de A Bola organiza un campamento de Semana Santa para menores.

  • Datas: 30 e 31 de Marzo, e 1 e 6 de Abril
  • Inscricións previas ata o Xoves 26 de Marzo
  • Prazas limitadas.

Para máis información contacta no 988 45 12 93

BANDO – Axudas LEADER

A Unión Europea, xunto co MInisterio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta de Galicia, convocan liñas de axuda LEADER para promover a economía rural. (Código do procedemento: MR701L)

Ditas axudas contarán con dúas liñas de actuación: Produtiva (Empresas e Autónomos) e non produtiva (Entidades sen ánimo de lucro, comunidades de montes, asociacións,etc.).

Para máis información pode contactar co GR Limia-Arnoia no 988688779 ou na dirección de correo electrónico: tecnico@limia-arnoia.gal