Programa de Garantía Xuvenil 2025

A través do programa de Garantía Xuvenil 2025, o Concello da Bola recibe unha subvención da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea, destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Neste marco, formalizouse a incorporación dunha técnica de medioambiente, unha figura clave para promover a sustentabilidade local, fomentar a educación ambiental e apoiar proxectos que melloren a relación entre a comunidade e o seu entorno natural. Esta iniciativa contribúe á inserción laboral da mocidade e ao fortalecemento das políticas ambientais no ámbito municipal.

CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL 2025

Neste Nadal, o Concello de A Bola convida a todas as aldeas a vestir os seus espazos comúns de ilusión e creatividade, celebrando xuntas a segunda edición do Concurso de Decoración. Máis alá dos premios, esta iniciativa busca fortalecer os lazos entre veciños e veciñas, fomentar o traballo colectivo e encher de luz e esperanza cada recuncho do noso concello. Porque cando a comunidade se une, o espírito do Nadal florece con máis forza ca nunca.