A Alcaldesa e a Corporación do Concello de A Bola deséxavos un Feliz Nadal e próspero 2024

Este venres día 15 de decembro ás 11h da mañá teremos unha nova reunión no Espazo Mulleres, desta volta para aprender da man dunha das nosas compañeiras a realizar adornos propios desta época de Nadal que está próxima a chegar. O obradoiro é de libre participación para mulleres do concello, e totalmente gratuito, por suposto! Pasaremos de novo un ratiño xuntas, e que non falte o cafeciño, as infusións e algún rico pasteliño caseiro.
Este mes chegará ao noso concello novamente o Ludonadal, as actividades temáticas de Nadal para as crianzas en periodo non lectivo. A participación será gratuita para familias empadroadas no concello, e de pago para o resto (deberán aboar un pago único de 10 euros por participación). É preciso inscribirse para participar, e poderase facer chamando por teléfono ao concello ou enviando un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal