XORNADA DE BAILE «A CASA VELLA»
O vindeiro martes día 29 de agosto a partires das 17:30h teremos o privilexio de acoller na área recreativa da Bola a «XORNADA DE BAILE A CASA VELLA»; Nuria Sotelo, bailarina e coreógrafa, impartirá unha sesión de baile para maiores para todas aquelas persoas que se queiran achegar, non é preciso reservar praza. Será unha oportunidade única para bailar e disfrutar en veciñanza con esta recoñecida profesional!
Ademáis acolleremos as fotografías en grande formato de artistas que acudiron á Casa Vella durante estes anos, obra do artista visual Rubén Vilanova.
Rubén e Nuria tamén nos contarán, unha vez rematada a sesión de baile, un pouquiño máis sobre este proxecto de A Casa Vella que iniciaron no 2021 en Amiadoso (Allariz) e que se proxecta xa coma un referente na dinamizacion cultural no rural.
A participación en calquera das tres actividades é gratuita e libre. Unha cita chea de baile, arte e cultura que non podedes perder!