REUNIÓN INFORMATIVA «AULA MENTOR» DA BOLA

REUNIÓN INFORMATIVA «AULA MENTOR» DA BOLA

Este xoves día 25 de maio ás 11h. levarase a cabo na Aula CeMIT municipal (baixo do edificio da biblioteca municipal) unha xornada informativa para dar a coñecer a «AULA MENTOR» da Bola, o servizo de formación recentemente estreado no concello . Se estás interesado/a en aumentar a túa formación, especializarte nalgún tema en concreto, se precisas facer cursos relacionados coa túa profesión… e todo isto a través de Internet e apoiado por tutores/as e sen moverte do concello, esta iniciativa pode interesarte moito!

Esta iniciativa é posta en marcha polo concello da Bola coa financiación do Ministerio de Educación, e ven a ser unha vía de acceso a numerosos cursos formativos oficiais en modalidade en liña que pode realizar toda persoa que esté interesada.

Para coñecer toda esta información (como funciona, os cursos que hai, como hai que facer para matricularse…) animádevos a asistir a esta breve reunión informativa, onde tamén poderedes coñecer as intalacións da CeMIT municipal e formular todas aquelas preguntas que precisedes aclarar sobre a Aula Mentor.

Actividades polo Día Das Letras Galegas

Actividades polo Día Das Letras Galegas

O vindeiro martes día 16 ás 16:30h. levaremos a cabo no local social de Veiga (baixo concello) unha serie de actividades de dinamización lingüística para conmemorar o Día das Letras Galegas coas crianzas de 3 a 12 anos que se animen a participar. Trátase dunha actividade gratuita con límite de prazas e con inscrición previa que se debe facer por teléfono (988451293 ou 604037952) ou por correo electrónico (educacionfamiliar@concelloabola.gal).