O concello de A Bola, en colaboración coa asociación ACAS de Saumede, quere iniciar este proxecto de voluntariado para a promoción do uso de fitosanitarios sostibles entre a poboación municipal. Para levalo a cabo, é preciso contar cun grupo de persoas voluntarias que recibirían unha formación gratuita completa na elaboración e aplicación destes fitosanitarios para logo facer un seguemento e implementación do proxecto.
As persoas que estén interesadas en formar parte deste grupo deben poñerse en contacto co concello antes do 30 de marzo en horario de oficina nos teléfonos: 988451293 ou 604037952.
O concello de A Bola iniciará próximamente un Proxecto de Promoción da Saúde e Envellecemento Saudable entre a súa veciñanza adulta e maior que acollerá actividades como baños termais, tratamentos terapéuticos e actividades de lecer e tempo libre grupais entre as persoas participantes.
Todos aqueles veciños e veciñas que queiran participar, poden poñerse en contacto co concello (988451293) en horario de oficina para ter máis información e/ou anotarse e comunicar o interese.
Un ano máis, dentro do Programa Municipal de Fomento da Conciliación do concello de A Bola, realizarase un campamento polo periodo non lectivo de Semana Santa dirixido ás familias con menores de entre 3 e 12 anos de idade. Durante os días 3, 4, 5 e 10 de abril, en horario de 10:15h a 12:45h, as crianzas asistentes realizarán xogos, manualidades, xinkanas… e tamén terán unha xornada lúdica con novas tecnoloxías.
O prazo para anotarse será ata o día 27 do presente mes de marzo e deberán facelo contactando co concello no 988451293 ou o 604037952 (neste móbil tamén a través de whatsapp) ou a través do correo: educacionfamiliar@concelloabola.gal
AS PRAZAS SON LIMITADAS! A asistencia será gratuita para empadroad@s, e @s non empadroad@s deberán aboar 10€ por neno/a participante.
Este mércores día 8 de marzo levarase a cabo no Local Social de Veiga (baixo do concello) unha actividade temática de igualdade de 16:30h a 17:30h. Para poder participar é preciso inscribirse previamente por teléfono (988451293 ou 604037952) ou correo eletrónico (educacionfamiliar@concelloabola.gal).