O concello de A Bola poñerá ofrecerá novamente durente este primeiro semestre do ano o servizo de atención á infancia «Espazo Medrando Xunt@s», en horario de tarde para favorecer a conciliación laboral, familiar e persoal das familias do concello. Para ter máis información e realizar as inscricións correspondentes das crianzas interesadas en participar, podedes chamar por teléfono ao concello ou escribir un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
Xa está aberto o prazo para inscricións no noso campamento «Ludonadal» que se levará a cabo de luns a venres dende o 23 de decembro de 2022 ao 5 de xaneiro do 2023 en horario de 10:45h a 12:45h. Faremos xogos, manualidades, adornos de Nadal, actividades de informática, festiña de Fin de Ano, espectáculo de teatro de sombras…
Para máis información e inscricións debedes contactar por teléfono no 988451293 ou 604037952 (esta tamén a través de WhatsApp ou Telegram), ou por correo electrónico: educacionfamiliar@concelloabola.gal. AS PRAZAS SON LIMITADAS. Data límite de inscricións: 21 de decembro.
O proxecto «Ludonadal» está enmarcado dentro do Programa de Fomento da Conciliación Municipal
O vindeiro día 12 de decembro ás 10:30h o local social de Veiga acollerá unha sesión informativa por parte de persoal da Subdelagación do Goberno para explicar ás persoas que asistan cómo utilizar o certificado dixital, podendo adquirir o seu propio certificado dixital no momento quen así o precise. A asistencia é libre.
Mª Teresa Barge acudiu a esta importante reunión en representación do concello de A Bola, un dos 25 concellos que conforman o territorio do GDR Limia-Arnoia e que se suman a esta interesante e útil iniciativa á que se pode acceder a través da dirección web: www.aterra.gal