OS «COIDADOS PORTA A PORTA» VOLTAN AO CONCELLO DE A BOLA
A iniciativa da Xunta de Galicia «Coidados porta a porta» chegará ao concello de A Bola os días 1,2 e 5 de decembro para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria. Un autobús estará ubicado no aparcamento da casa do concello para atender a aquelas persoas maiores de 55 anos que así o soliciten estes servizos consistentes en:
- Servizo de podoloxía: Consultas básicas, valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, callos e helomas.
- Servizo de audioloxía: valoración e exploración da audición e prevención da pérdida auditiva.
- Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapéutica de cómo previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
Para poder ser atendido/a, DÉBESE PEDIR CITA PREVIA chamando ao teléfono 622 748 283, o teléfono 623 546 992 ou por correo electrónico: coidadosportaaporta@silman.es.
Haberá esta vez unha charla informativa do servizo de podoloxía no primeiro día de servizo, o día 1 de decembro, e será ás 13h no local social de Veiga. A asistencia a esta charla é libre e non é preciso pedir cita previa para asistir.