Formación en Redes Sociais

Coñeces como funcionan as Redes Sociais? Se a túa respostas é negativa, non te perdas o próximo curso formativo da nosa aula CeMIT. Un curso onde aprenderás a utilizar as redes sociais sen medo! Coñeceremos as redes sociais máis utilizadas na actualidade.Por protocolo covid as prazas son reducidas, se che interesa ou coñeces a alguén que queira participar non dúbides e apúntate!!

Teatro «A máquina do tempo»

Este sábado 21 de agosto, na Área Recreativa de Veiga as 18:00 o Teatro Ghazafelhos realizará unha peza teatral cunha aventura educativa a partir do humor.A obra «A máquina do tempo» trátase dun espectáculo participativo que ilustra de xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Coa axuda dunha curiosa escenografía, Pepablo Patinho e Montse Piñón, farán un percorrido pola historia a través de dúas rechamantes personaxes: A doutora Mon e o seu axudante Pe.