CAMPAÑA DE VACINACIÓN DE MAIORES DE 80 ANOS CONTRA A COVID-19

CAMPAÑA DE VACINACIÓN DE MAIORES DE 80 ANOS CONTRA A COVID-19

Dª MARÍA TERESA BARGE BELLO, en calidade de Alcaldesa-Presidenta do Concello de A Bola fai saber que:

Segundo a información remitida pola Xerencia do Sergas de Ourense se inicia a partir de hoxe día 22 de febreiro a vacinación aos nosos maiores do seguinte xeito:

– A vacinación terá lugar no Centro de Saúde de Celanova.

– O primeiro contacto será realizado polos profesionais do equipo de citación, comenzando por aqueles apelidos que comencen pola letra H.

– As listaxes das persoas citadas estarán a disposición do Centro de Saúde, que realizará unha segunda chamada telefónica para confirmar o día e hora de vacinación.

– Esta campaña será realizada polos equipos especiais de vacinación que xa fixeron fronte a vacinación nas residencias sociosanitarias e do persoal dos centros sanitarios de atención primaria e dos hospitais.

Dada a limitación actual do número de vacinas, é preciso organizar este operativo tendo en conta a dispoñibilidade  de doses para cada semana.

A MECA DA BOLA DESÉXAVOS UN BO ENTROIDO

A MECA DA BOLA DESÉXAVOS UN BO ENTROIDO

No concello de A Bola temos unha Meca moi particular, que lle gusta moito que a saúden e coñecer xente, e tamén tomarse un refresquiño ao sol ás portas do edificio consistorial, xa que a hostalería aínda permanece pechada e reivindicando a pronta saída desta crise e volta a poder atoparnos novamente… Iso si, con todas as medidas de seguridade! ;-P

Esta Meca foi creada polas nosas crianzas que vos indican, tal e como di o cartaz que leva consigo a figura: «Se ao noso concello queres entrar, á Meca debes saudar; se no noso concello queres permanecer, á Meca debes coñecer». Así que xa estades a tardar en visitala, saudala, e sacarvos unha fotiño con ela (podedes etiquetarnos nas nosas redes sociais de Facebook e Instagram!)

Que pasedes un feliz Entroido! A pesares das circunstancias, que poidades disfrutalo con sentidiño, respectando todas as medidas de seguridade pero nunca perdendo a ilusión!