ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nov 20, 2020Actividades, Actualidade, Eventos, Formación

O concello de A Bola, no seu compromiso de continuar con iniciativas que fomenten e promovan a erradicación da violencia contra as mulleres, ten programadas novas actividades para conmemorar o día Día Internacional contra a Violencia de Xénero dentro do “Espazo Muller”, que se levarán a cabo no Local Social de Veiga a partires das 16:30h. do día 23 de novembro, dirixidas tamén ás súas crianzas: por unha banda, teremos un contacontos sobre o libro “Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa” de Estela Moreno, galardonado con diversos premios a nivel pedagóxico pola súa capacidade de recoller e transmitir á poboación infantil un tema tan complexo como é todo o proceso da violencia de xénero de xeito moi sutil e sinxelo de xeito que pode ser comprendido tanto polas crianzas coma por persoas adultas. E por outra banda, a continuación, realizarase un obradoiro temático no que traballaremos aspectos relacionados coa prevención da violencia de xénero a través da empatía e o respecto, da importancia das emocións e os bos tratos, na liña do traballado en diversos obradoiros realizados nos últimos meses para tal fin.

As prazas son limitadas, e coma todas as actividades que estamos levando a cabo seguiranse as medidas de seguridade e hixiene correspondentes ante a COVID-19.

Para máis información e inscricións: 988451293 ou 604037952 (tamén whatsapp), ou ben por correo electrónico a educacionfamiliar@concelloabola.gal