Xa imos pola segunda sesión da nosa Escola de Familias deste primeiro semestre do ano 2020. É o turno de falar con Ana Díaz Lorenzo, traballadora social da Asociación Xarela Formación Animación, que nos contará como con pequenos trocos nas nosas rutinas do día a día podemos aforrar no gasto de electricidade, auga, gas, teléfono, etc. e tamén como interpretar a factura eléctrica, para saber se temos contratado aquelo que mellor nos convén. Tamén repasaremos as axudas ás que nos podemos acoller para subvencionar parte destes gastos e renovar algúns electrodomésticos, como organizar a lista da compra para que saia más barata ou como xestionar a economía familiar.
En resumidas contas, un tema moi interesante sempre e especialmente nos tempos actuais de crise económica e social debido á crise do COVID-19, axudándonos un pouquiño máis a concienciarnos da parte que podemos aportar para mellorar a nosa economía familiar.
Dende hoxe están abertas as inscricións, que poderán realizarse ata o propio día 10 de xuño ata as 14h. a través dos teléfonos: 988451293 e 604037952 (este último tamén por whatsapp), ou escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal
Lembrade que neste formato, ao anotarvos, o día da primeira emisión da sesión en Internet (10 de xuño) recibiredes un enlace para poder visualizala durante unha semana completa as veces que queirades.
Non hai límite de prazas! Esperámoste