CAMPAÑA “MERCA NO TEU CONCELLO, SEN IR MÁIS LONXE” para a sensibilización e promoción do consumo local

Jun 10, 2020Actualidade

Esta campaña foi articulada nas semanas de confinamento e deseñada polo Grupo de Desenvolvemenro Rural Limia Arnoia, os 25 concellos e comerciantes do territorio para lanzar agora unha mensaxe de confianza e aoio ao comercio local. O obxectivo principal é apoiar ao comercio e hostalería das comarcas do territorio GDR (Allariz, Maceda, Terras de Celanova, A Limia e Baixa Limia) e deses 25 concellos da provincia de Ourense ca mensaxe clara de que “todo o que precisamos témolo ao lado, no noso concello, concellos próximos ou comarca”.

Esta campaña de posta en valor do local, como eixos imprescindibles na economía dos nosos territorios (que a crise do COVID-19 puxo a proba) busca manter a estrutura económica local e polo tanto apostar por manter con vida as áreas rurais. É unha oportunidade, na que todos e todas podemos colaborar.  

Pódese consultar toda a información sobre a campaña no seguinte enlace, onde poderemos atopar tamén acceso a sorteos por compras no comercio local e concursos de fotografía nos que pode participar quen o desexe:

http://senirmaislonxe.gal/