MEDIDAS DE PREVENCIÓN EN RELACIÓN Á CHEGADA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS AO NOSO CONCELLO

Ago 4, 2020Actualidade, Avisos

Seguindo a normativa autonómica, dende o pasado martes día 28 de xullo toda persoa que chegue de visita á Comunidade Autónoma de Galicia, e por tanto, ao concello de A Bola procedente doutros territorios con especial incidencia do COVID-19 ou que volte dunha estancia nestes territorios, deberá comunicar esta situación no prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada cos datos de contacto e de estadía de calquera das seguintes maneiras:

  • Cubrindo un formulario dispoñible no enderezo: https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros
  • Chamando ao teléfono 881 00 20 21 para suministrar os datos que se indican na normativa correspondente (pica AQUÍ para consultalos no anexo da publicación no DOG)

Os datos debe subministralos a propia persoa ou o seu representante legal, que serán responsables de que a información recollida sexa veraz e precisa, e será de obrigado cumprimento independentemente da presenza ou non de síntomas compatibles coa COVID-19.

Para consultar que territorios de procedencia e/ou estancia son os establecidos a efectos de aplicación da obriga de comunicación anteriormente citada: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200728/AnuncioC3K1-270720-2_gl.html

Esta resolución sobre o listado de territorios con alta incidencia do COVID-19 será obxecto de revisión pasados 15 días dende a súa publicación por parte da autoridade autonómica competentes.