Co fin de asegurar o disfrute das persoas maiores do seu tempo de ocio nunha contorna natural e saudable, a Consellería de Política Social oferta estadias de 5 días en réxime de aloxamento e pensión completa na residencia de tempo libre de Carballiño nas seguintes datas:
- Primeira quenda: Do 2 ao 6 de maio (con entrada o día 2 para xantar e saída o día 6 despois de almorzar)
- Segunda quenda: Do 9 ao 13 de maio (con entrada o día 9 para xantar e saída o día 13 despois de almorzar)
- Terceira quenda: Do 16 ao 20 de maio (con entrada o día 16 para xantar e saída o día 20 despois de almorzar)
Os prezos establecidos por normativa son de 119,05 € por quenda e habitación dobre, e de 139,75 € por quenda e habitación individual.
As solicitudes deben dirixirse dende o centro sociocomunitario á Residencia de Tempo Libre do Carballiño ao seguinte enderezo de correo electrónico: rtlcarballino@xunta.gal .
As prazas cubriranse por riguroso orde de entrada de solicitudes na residencia de tempo libre. Una vez seleccionadas as persoas usuarias das estadías, o abonamento das estadías levarase a cabo previa liquidación do importe pola residencia.