No Boletín Oficial do Estado publicado onte, domingo día 25 de outubro de 2020, publicouse o Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARSCoV-2. Este RD recolle unha serie de medidas referidas a:
- Limitación de horarios para transitar por vías ou espazos públicos, con toque de queda entre as 23h. e as 6h. (con excepcións relativas a traballo, saúde, compras de urxencia…)
- Limitación de entrada e saída das comunidades autónomas e cidades con Estatuto de Autonomía (como é o caso da nosa),
- Limitación de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos e privados (ter en conta que a restrición xa establecida para Galicia está en 5)
- Limitación á permanencia de persoas en lugares de culto
Para ler todo o texto completo, podedes picar AQUÍ e acceder á publicación do Real Decreto. Convidamos ás nosas veciñas e veciños a que respecten estas medidas, á vez que transmitimos moito ánimo e forza para superar esta segunda ola, que co esforzo de tod@s poderemos superar.