A Deputación Provincial de Ourense acaba de publicar a convocatoria de axudas para autónomos/as e pequenas empresas que exerzan unha actividade económica nun municipio de menos de 20.000 habitantes da provincia de Ourense, figurando dados de alta no imposto de actividades económicas.
A presentación de solicitudes deberá realizarse de modo presencial ou telemático, neste último caso a través da sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense (https://sede.depourense.es) utilizando o trámite de solicitude de propósito xeral.
A data límite de presentación de solicitudes é o 9 de xuño de 2020.
Para máis información sobre requisitos, importe a conceder, documentación, etc. poden poñerse en contacto co noso concello (988451293), coa Deputación de Ourense (988317500) e/ou consultar a publicación no BOP de Ourense nº 107 (12/05/2020).