O Pleno do Concello da Bola, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de decembro de 2019, aprobou inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do Concello da Bola, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias. Este plan exponse ao público durante o prazo de 20 días hábiles, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP, para que durante o devandito prazo poida ser examinado e poidan formularse as alegacións e reclamacións que se estimen pertinentes polos que se consideren interesados. O plan estará exposto fisicamente durante o mencionado prazo nas oficinas da casa do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.