Primeira sesión da Escola de Familias Edición en Liña 2020: «Xa saímos á rúa!»

May 23, 2020Actualidade

Esta será a primeira das tres sesións en liña da nosa Escola de Familias deste primeiro semestre do ano 2020. Desta volta, partillaremos con Andrea Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria e psicóloga infanto-xuvenil que nos dará pautas para afrontar mellor os retos a nivel emocional e de xestión que supón a nova realidade que nos presenta a crise do COVID-19 dende agora e nos vindeiros meses.

Como xestionar emocións, como axudar ás nosas crianzas a facelo, cómo establecer normas e límites con elas en relación a aspectos tan importantes coma reencontros con amizades e familiares, as posibles rabechas e discusións xeradas pola situación, afrontamento de posibles mortes de persoas coñecidas ou cercanas e como xestionala cos/as máis peques da casa… En definitiva, consellos esenciais para adaptarnos mellor á nova realidade.

Dende hoxe están abertas as inscricións, que poderán realizarse ata o propio día 27 de maio ata as 14h. a través dos teléfonos: 988451293 e 604037952 (este último tamén por whatsapp) ou escribindo un correo electrónico a: educacionfamiliar@concelloabola.gal

Lembrade que neste formato, ao anotarvos, o día da primeira emisión da sesión en Internet (27 de maio) recibiredes un enlace para poder visualizala durante unha semana completa as veces que queirades.

Non hai límite de prazas! Esperámoste 🙂