O concello de A Bola é unha das entidades locais que está adherida a este Pacto que a nivel europeo agrupa a miles de gobernos locais que de xeito voluntario se comprometen a implantar os obxectivos den materia de clima e de enerxía da Unión Europea.
O lanzamento deste Pacto (en adiante, PACES) tivo lugar por primeira vez en Europa en 2008 co propósito de reunir aos gobernos locais que se comprometesen a implantar estes obxectivos; esta iniciativa non só achegou un enfoque innovador nas accións relacionadas co clima e a enerxía, senon que o seu éxito superou axiña todas as expectativas.
O concello de A Bola sumouse a esta iniciativa no ano 2019, e hoxe en día o PACES reúne máis de 7000 autoridades locais e rexionais de 57 países que aproveitan os puntos fortes dun movemento que involucra a múltiples actores e conta co apoio técnico e metodolóxico de oficinas adicadas a este fin.
Para ter máis información ao respecto do PACES (orixe, obxectivos, comunidade en Galicia, eventos…) pódese consultar a páxina oficial na nosa comunidade premendo no seguinte enlace: