PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO 2022

Jun 23, 2022Actualidade, Bando

Dende o día 27 de xuño ata o día 19 de xullo estará aberto o prazo para solicitar participar no Programa “TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO” 2022-2023

O programa contempla a solicitude de praza en zona costeira peninsular (Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana), Illas Baleares, Illas Canarias e Turismo de Interior (circuitos culturais, turismo de natureza, viaxes a capitais de provincia).

Requisitos:

  • Ser maior de 65 anos ou de 60 anos sendo pensionista.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Valerse por sí mesmo e non padecer trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia.

Documentación:

  • Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe, se é o caso.
  • Xustificación acreditativa da pensión/s que percibe o solicitante así como do seu cónxuxe se procede.

O prazo de solicitude remata o 19 de XULLO de 2022.

Para máis información e para a súa tramitación poden acudir aos Servizos Sociais do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.